jueves 25 de junio de 2009

PROYECTO ALLENDE e BAÚLES en TORGA


Xa podedes mercar as novas edicións de Proyecto Allende e Baúles na libraría ourensá Torga. Ao módico prezo de quince euros cada un.
Proyecto Allende é a miña primeira novela, escrita no ano 2000 nos descansos da preparación da oposición para mestre de inglés. Conta a historia do afianzamento profesional dun policía sen vocación a través dos sangumiños dunha investigación nova e case surrealista para a que non está preparado.

Baúles é moi diferente. É un drama urbano que xoga co especial "leit motiv" dos baúis como continentes das cousas que nunca se din. Pensamos que é inútil abrir o baúl cando a humanidade nin imaxina o preciso que é.

domingo 25 de enero de 2009

NUDOS


Fixen este libro, que podedes atopar na web www.liberlibro.com, con Valentín Barreiros e con Estrella Casares. Trátase de tres relatos de Barreiros encadeados con doce relatos de Estrella Casares sobre o zodíaco que publicou na súa creativa sección de mundourense.com, chamada No Soy Sanchez Dragó. Os tres relatos de Barreiros tamén teñen un fío condutor con varios relatos meus que xa estaban publicados pola internet e no libro que publiquei románticamente este verán: Vuesencia, e digo románticamente porque algúns das narracións daquela antoloxía non teñen demasiada calidade literaria, pois prima a idea, a busca da sorpresa no lector, sobre a estética literaria. Por iso, tanto Valentin coma eu tentamos escoller os máis axeitados para este NUDOS. Unha experiencia literaria. Outra experiencia literaria. Un chanzo máis na escalinata da literatura que agardo que se goce.


P.D.: se teñen ocasión de ler NUDOS non se perdan, por favor, os relatos de Estrella Casares. Sen dúbida un talento literario por descubrir.

sábado 29 de noviembre de 2008

MÄLSTRÖM, OU A CAIXA DO CORREO


É unha historia introspectiva, de ideas, sobre Alma Vicuña do Ermo, unha muller entrada nos trinta que toma un tempo sabático despois dunha relación sen sabor co seu noivo de toda a vida, Cosme, verquendo seu cariño e atencións no seu fiel can Lobo (nome posto pola admiración que sinte a protagonista polo escritor portugués António Lobo Antunes).
A aparición dunha carta misteriosa na súa caixa do correo pode supoñer a apertura dunha cancela insospeitada a unha dimensión distinta...

A noveliña é unha defensa do desiderátum aquel que nos mantén con vida. O perpetuo desexo que, tras ser cumprido, condúcenos a outro que se fusiona co anterior, nunha sucesión desiderativa; o desexo constante. É un mergullarse nas augas que nos levan polos costumes banais desta sociedade que cambia só por fora, onde o auténtico quizabes sexa só o amor. Se é que se entende o que é o amor en realidade.

A venta do libro realizase a través da internet, na seguinte dirección: http://www.bubok.com/libros/2295/MALSTROM-ou-a-Caixa-do-Correo e pode ser voso polo módico prezo de 8,07 €uros en formato de libro romántico para apalpar e ulir e apertar, e de 2 €uros en formato de libro electrónico (PDF).

domingo 23 de noviembre de 2008

A CORUÑA Á LUZ DAS LETRAS

Participei nesta antoloxía de relatos que conmemoran a marabillosa cidade da Coruña, cun relato titulado ETERNO RETORNO. Breve narración que fala do caracter cíclico dos acontecementos que contextualizan á humanidade:



ETERNO RETORNO OU A AMEAZA DE ULTRAMAR

Lección de historia número N

...Nesta época referida A Coruña, nosa Coruña, era unha cidade viva e populosa cunha importante poboación e un importante tránsito comercial, onde os coruñeses camiñaban pola vida e pola cidade acougados pola magnificencia da costa e colmados da seguridade que o ollo de Hércules lles proporcionaba; sempre expectante e fiel, fiel. Un xeito de vivir que inxectaba a estes seres a colectiva conciencia, a pegada e sinal de identidade do orgullo preciso para defender calquera causa solidaria, en pos da perpetuidade bucólica dun lugar miltoniano, dunha Arcadia perdida no recuncho onde comeza o mundo a finalizar.

Pronto demostrarían estes oriúndos da nosa Coruña que na unidade vive o segredo da consistencia; consistencia para defender as nobres e xustas causas, pois nesta época referida viviuse unha ameaza terrible que se cinguiu encol dos habitantes da Pescadería, da Cidade Vella, dos Cantóns e doutras das moitas partes do paraíso que algún ente todopoderoso esqueceu na zona norte; unha ameaza xurdida de ultramar, de alén alén do horizonte albiscado dende a liña debuxada fronte aos muros do castelo de Santo Antón.

A ameaza esta, desta época referida, capitaneada viña por un nome de dúas palabras, e arrostrada foi pola pertinente e heroica intervención condensada en outras dúas; importantísimas palabras; fulcro e peso, crucial. Dous pares de palabras que condicionaron o destino desta nosa Coruña e desta nosa Galiza. Dous pares de palabras que seguro tedes claras e presentes: alguén quere facer o favor de dicilas?

(moitas mans inzadas coa ansia propia da satisfacción dunha resposta importante)

Ti —a profesora a un deses brazos.

A ameaza de ultramar veu capitaneada por Francis Drake e a defensa idealizouse na rexa figura de María Pita. Os dous pares de palabras serían pois Francis Drake e María Pita.

Non —a profesora provocando a baixada de brazos como resortes. Faces demudadas e silencio incómodo. Ninguén dicía ren.

Os dous pares de palabras son... os dous pares de palabras son... Apostolos Mangouras e NUNCA MÁIS.

Na Coruña,

nunha aula do instituto de ensino secundario 675.

Un día de abril ou de novembro do ano 2421

J.E.Bóveda

viernes 18 de julio de 2008

VUESENCIA

Recollo nun libro unha antoloxía de relatos en castelán (uns 50), recollidos nas dúas coleccións La Bandera del Alma e La Caja y Otras Historias, “escribidos” dende 1998 ate 2002. Trátase do libro titulado Vuesencia (Liberlibro 2008) que compendia historias dedicadas aos sentimentos más baixos e máis altos, e máis nada, dos seres humanos.Vuesencia tiña que ser. É un libro que compendia os case cincuenta relatos que perpetrei desde que sentín a necesidade de purgar sentimentos en forma de narración breve, en 1997, até 2002, ano no que puxen colofón (provisional) á miña fase contista. Ano dun punto clave no xeito que eu teño de ver literatura, xa que decidín darme en profundidade á novela e ao ensaio (non só escribir senón tamén, e tan importante, ler) e ás colaboracións xornalísticas con pouso de pensamento fondo.

Unha desas propostas literarias en galego, unha novela curta, chegará a principios do vindeiro mes de agosto.

Tiña que ser. Aquí queda Vuesencia coa aperta do escritor que se consagra consigo mesmo día a día. Buscando a súa esencia.

Vuesencia é unha antoloxía de relatos desiguais que falan de vostede, de min e de calquera. A maioría dos cales están recollidos nas coleccións do autor La Bandera del Alma (2002) e La Caja... y otras historias (2004). Algúns deles corresponden coa época da novela Proyecto Allende (liberlibro 2003) e o lector espelido recoñecerao no caracter aparentemente expositivo e näif deles.

Vuesencia despéndenos unha bebida fría, quente, doce, amarga ou desagradable a través da súa agrupación en tres bloques para unha maior “coherencia”:

  • Relatos Amarelos ou grotescos, que, entre outras cousas, chiscan ao surrealismo e tratan de debuxar sorrisos de desasosego e outros sentimentos afíns.
  • Relatos Verdes ou esperanzadores, que concitan sentimentos variados que converxen nunha gran ama de cría chamada esperanza.
  • E Relatos Negros ou inquietantes que, entre outras lindezas, móstrannos os diversos tipos de esencias que flotan sobre a casca desta mandarina xigante que vira.

Este libro, ilustrado por min mesmo como mellor puiden (catro páxinas de ilustracións, tampouco pensen que é un comic), forma parte da estadía nun chanzo literario do pasado e está á vosa disposición de dous xeitos diferentes:

1.- Gratuitamente, en formato libro electrónico, a través da web http://www.liberlibro.com, concretamente en http://www.liberlibro.com/13030/index.html

2.- En formato “romántico libro tanxible para apalpar e ulir” polo prezo de 24 € (350 páxinas) temporalmente na oficina de mundourense.com e Ourense por Barrios, e máis adiante estará nalgunhas librarías da cidade.

sábado 10 de noviembre de 2007

EL GALLO DE MORÓN O EL TERCER MOTIVO


El libro lleva por título El Gallo de Morón o El Tercer Motivo, está publicado por la editorial albaceteña Liberlibro y es característico por poseer dos vertientes pronunciadas e interesantes: una es que lleva el mismo título de una novela extraviada escrita por Tomás Manuel Bóveda, abuelo del autor y conocido pintor de la sociedad ourensana, muerto en 1982. Y la otra es que podría tratarse de una continuación de la serie Pastor Páez, comenzada con Proyecto Allende y continuada con El Efecto Sufijo. Pero también podría ser una novela independiente y ultrairónica, ácida, rápida y triste.

¿Qué es El Gallo de Morón o El Tercer Motivo?

Es el tercer paso de Pastor Manuel Páez-Solano Expósito en su autoafirmación como ser humano. Una visión abstrusa, estúpida y a veces surrealista sobre el arraigamiento a algún tipo de valores, sobre la existencia insípida en las ningunópolis (Ourense es una), sobre el no estar en el lugar adecuado (y de estarlo no saber cómo actuar), del orgullo y el amor propio y ajeno y perdido y nunca recuperado, de la pérdida del rumbo y del control, de la suerte, las casualidades, la incoherencia personal, las contradicciones, el peso específico de la nada, la banalidad, el tesón, el desafío a la verosimilitud y, en definitiva, la búsqueda.

Para los interesados en la historia completa (220 páginas), una vez más recordar que la novela está a vuestra disposición en las oficinas de mundourense.com y a través de internet en la página web www.liberlibro.com

A TRAVÉS DE CRISTAL. BREVIARIO DE PERSPECTIVAS


J.E. Bóveda e Mundourense sacan adiante A Través de Cristal. Breviario de Perspectivas, con prólogo de Javier G. Lamelas e portada de Óscar Blanco, que recolle os artigos deste colaborador con Mundourense e Ourense por Barrios dende o ano 2003 até o 2006.

Os artigos ou perspectivas están agrupados/as por temas para a súa mellor coherencia; neses temas que máis sorrisos ou bágoas producen a Bóveda: A literatura, a educación, a psicoloxía, socioloxía, mediosofía (case filosofía) ou o cinema (pouco, xa que o groso sobre cinema queda para outro libro co permiso de Valentín Barreiros). Todo adobiado co sexto sentido; o sentidiño común; o más común dos sentidos.

Pódese descargar en http://www.mundourense.com/elfotomaton/index.html

UN INTRUSO SONORO


El protagonista de la historia, anónimo, se ve inmerso en un mar de desazón y hastío. Cree ingenuamente que un cambio de emplazamiento en su lugar de residencia le proporcionará una suerte de vida nueva. Pronto descubrirá que está equivocado, que la soledad no se redime por el mero hecho de cambiar de escenario. Posteriormente se topará con unos manuscritos que el antiguo inquilino ha abandonado, que le llevarán de la mano a una introspección reveladora de sonoros matices.

Valentín Barreiros y Jorge Emilio Bóveda (Ourense) son dos almas inquietas unidas por el hilo de la creación. Se han propuesto construir una historia lírica e intimista a partir de varios relatos de Bóveda. El resultado es una incursión original en la literatura que probablemente abra los ojos del lector a un fastuoso mundo interior.

EFECTO -SUFIJO


MOU: ¿Qué es El Efecto Sufijo?.

JEB: Bueno, técnicamente es para mí todo un reto. He intercalado varias acciones hasta conseguir hacer una especie de micromundo. Digamos que he “tejido” una historia en la que se entrecruzan las evoluciones de varios personajes. Puede no parecer innovador, pero para mí sin duda lo ha sido.

>>Se trata de una historia basada en el imaginario pueblo de Arcadia en el que la expulsión de un docente de la escuela del pueblo desencadena todo un tratado de psicología social.

Es curioso el comportamiento de las personas en los lugares pequeños.

>>El Efecto Sufijo puede parecer una novela costumbrista, pero en realidad es todo un alegato en contra de los sesgos que se producen en las relaciones humanas, sustentado en la trama de una novela negra.

MOU: ¿Es una novela negra?

JEB: No, no, no he dicho eso. Los géneros no me gustan. Me asustan porque encorsetan de manera indeseable. Es un dictamen de verdades contadas a través de mentiras, nada más. La literatura es una mentira a través de la cual podemos contar verdades.

(extracto de la entrevista de http://www.mundourense.com/elfotomaton/efectosufijo.html)

BAÚLES


Antonio Castro, viúdo, ve morir sus días en el lustro anterior a su jubilación de una manera harto anodina. Su periplo vital es reduccionista al punto de conocer sólamente el camino entre su viejo apartamento alquilado y una insípida fábrica de tablas de madera.

Sus momentos de ocio se reducen, dado su temple introvertido, a intercambio de gestos con Julio Hernández, un camarada de la fábrica que lo único que sabe proporcionarle es la compañía de un cuerpo menoscabado por el alcohol.

Acostumbrado a largas sesiones introspectivas ve una ventana abierta al descubrir que la hija de su amigo es ya toda una mujer, que le enseñará sin palabras el verdadero sentido de la vida.

Baúles es una reflexión mundana acerca de la esencia de las relaciones humanas, de la dificultad del proceso comunicativo para algunas personas y el fin último del mismo (del proceso comunicativo), de una visión pseudoalegórica acerca de los desequilibrios sociales, una crítica al efecto que la globalización produce en la gente que trata de dar a pie de obra lo mejor de sí. Es un descubrimiento tardío de algo parecido al amor, de las crisis adolescentes versus crisis de la cincuentena, del capitalismo hostigador, del conocimiento de que en los entresijos de una sociedad pútrida con el dinero como baluarte, existen náufragos entregados a los sentimientos más profundos de sí mismos. Una historia sobria que llegará a los adentros del lector y lo obligará a releerla en sucesivas ocasiones.