J.E. Bóveda e Mundourense sacan adiante A Través de Cristal. Breviario de Perspectivas, con prólogo de Javier G. Lamelas e portada de Óscar Blanco, que recolle os artigos deste colaborador con Mundourense e Ourense por Barrios dende o ano 2003 até o 2006.
Os artigos ou perspectivas están agrupados/as por temas para a súa mellor coherencia; neses temas que máis sorrisos ou bágoas producen a Bóveda: A literatura, a educación, a psicoloxía, socioloxía, mediosofía (case filosofía) ou o cinema (pouco, xa que o groso sobre cinema queda para outro libro co permiso de Valentín Barreiros). Todo adobiado co sexto sentido; o sentidiño común; o más común dos sentidos.
Pódese descargar en http://www.mundourense.com/elfotomaton/index.html
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada