Unha desas propostas literarias en galego, unha novela curta, chegará a principios do vindeiro mes de agosto.
Tiña que ser. Aquí queda Vuesencia coa aperta do escritor que se consagra consigo mesmo día a día. Buscando a súa esencia.
Vuesencia é unha antoloxía de relatos desiguais que falan de vostede, de min e de calquera. A maioría dos cales están recollidos nas coleccións do autor La Bandera del Alma (2002) e La Caja... y otras historias (2004). Algúns deles corresponden coa época da novela Proyecto Allende (liberlibro 2003) e o lector espelido recoñecerao no caracter aparentemente expositivo e näif deles.
Vuesencia despéndenos unha bebida fría, quente, doce, amarga ou desagradable a través da súa agrupación en tres bloques para unha maior “coherencia”:
- Relatos Amarelos ou grotescos, que, entre outras cousas, chiscan ao surrealismo e tratan de debuxar sorrisos de desasosego e outros sentimentos afíns.
- Relatos Verdes ou esperanzadores, que concitan sentimentos variados que converxen nunha gran ama de cría chamada esperanza.
- E Relatos Negros ou inquietantes que, entre outras lindezas, móstrannos os diversos tipos de esencias que flotan sobre a casca desta mandarina xigante que vira.
Este libro, ilustrado por min mesmo como mellor puiden (catro páxinas de ilustracións, tampouco pensen que é un comic), forma parte da estadía nun chanzo literario do pasado e está á vosa disposición de dous xeitos diferentes:
1.- Gratuitamente, en formato libro electrónico, a través da web http://www.liberlibro.com, concretamente en http://www.liberlibro.com/13030/index.html
2.- En formato “romántico libro tanxible para apalpar e ulir” polo prezo de 24 € (350 páxinas) temporalmente na oficina de mundourense.com e Ourense por Barrios, e máis adiante estará nalgunhas librarías da cidade.
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada