
Xa podedes mercar as novas edicións de Proyecto Allende e Baúles na libraría ourensá Torga. Ao módico prezo de quince euros cada un.
Proyecto Allende é a miña primeira novela, escrita no ano 2000 nos descansos da preparación da oposición para mestre de inglés. Conta a historia do afianzamento profesional dun policía sen vocación a través dos sangumiños dunha investigación nova e case surrealista para a que non está preparado.
Baúles é moi diferente. É un drama urbano que xoga co especial "leit motiv" dos baúis como continentes das cousas que nunca se din. Pensamos que é inútil abrir o baúl cando a humanidade nin imaxina o preciso que é.
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada